A nova edición do Trail Serra do Barbanza celébrase este 9 de abril cunha previsión de máis de 250 deportistas

08 Abril 2023

O deporte ten un especial protagonismo no calendario de actividades da Pobra do Caramiñal neste mes de abril. Un ano máis, o Concello, a Federación Galega de Atletismo (FGA) e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza organizan o Trail Serra do Barbanza, que será á súa vez a X Carreira de Montaña Concello da Pobra do Caramiñal e VIII Campionato de Galicia Absoluto e das categorías sub-20, sub-23 e máster de Trail de 2023.

Así o deron a coñecer o pasado 3 de abril, no miradoiro de Valle-Inclán, a concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo; o presidente da FGA, Iván Sanmartín; e o presidente da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, José Moure.

Engadiron que deste evento extraerase a selección que representará a Galicia no Campionato de España que se disputará no mes de maio.

Agárdase que a participación supere as e os 250 deportistas que se citarán no 9 de abril, ás 10.00 horas, na serra do Barbanza, co miradoiro da Curotiña como lugar de saída e meta. O trail curto consta dunha distancia de 14 quilómetros, mentres que o traxecto ascende aos 25 quilómetros para o propio Trail-Campionato de Galicia. Haberá, ademais, tres puntos de avituallamento no primeiro e catro no segundo.

Farase a entrega dos premios e agasallos a partir das 13.30 horas.

A proba enmárcase na especialidade atlética do Trail-Running e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Outros artigos

Historias e inglés conflúen nunha sesión de contacontos na Pobra

A aula de estudo situada na planta superior da biblioteca municipal Victoriano García Martí acollerá no sábado 20, ás 11.00 horas, o contacontos en inglés Storytelling Sally Senses que achega a academia Kids&Us Ribeira coa colaboración da Concellaría da Cultura da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...