A Marea Cidadá de Noia ven de referirse aos anuncios emitidos por parte do Partido
Popular arredor da obra de Abruñeiras como un “despilfarro”. De acordo ca formación
liderada por Manolo Seijas, “trátase dun anuncio que exemplifica perfectamente a
incompetencia deste goberno”
De acordo co indicado por Seijas, o propio punto de partida é un erro en sí mesmo. O
obxectivo da obra sería o utilizar esta nave como unha instalación deportiva a
diposición do Club de Remo. Porén, xa se sabería que a instalación deportiva non
contaría aquí cunha lámina de auga permanente, necesaria para o seu uso por parte
do Club, nin cun ximnasio na segunda planta, que reclaman como necesario dende o
propio Club.
Pero e que ademais, segundo indican dende a formación de esquerdas, tampouco se
pode garantir nin a seguridade do edificio nin a viabilidade do seu uso. A
presencia de amianto na estructura, que non se plantea retirar, plantea problemas
de seguridade, á vez que a inexistencia de permisos para a apertura ao público por
parte de Costas pon en perigo a súa utilidade final.
Dende a formación, destacan que o pago desta obra que consideran como unha
“barbaridade” correrá a conta das arcas noiesas, ao tratarse dun préstamo que o
Concello debería devolver á Xunta ao longo dos seguintes catro anos.
“Está fuxindo cara adiante, teno todo en contra e négase a asumir que a súa
xestión foi nefasta”- indicou o candidato á Alcaldía de Noia Manolo Seijas – “O peor
de todo é que pensa endebedar o Concello poñendo moitos cartos nunha obra
inútil, só por mor do anuncio electoral ”.




