
Cando nos anos 60-70 do século pasado, os ordenadores substituiron os libros de actas e os de contabilidade ao tempo que arrumbaban as máquinas eléctricas de escribir (que xa deixaran arrumbadas as tradicionais), algo nos estaba a dicir que outros cambios moitos máis signficativos ían producirse en moi curto prazo de tempo. Un dos primeiros pasos foi uso de tarxetas de rédito ou de crédito en caixeiros automáticos das caixas de aforro e entidades bancarias. Así foi como naceron os primeiros pre-xubilados en España con idades que non superaban os 50 anos cando a idade de xubilación real estaba fixada en 65 e só en traballos especialmente penosos como os da minería e o mar eran de aplicación coeficientes de redución que adiantaban de dous a catro anos o ”retiro” dos traballadores.
Pero hoxe en día ben se pode dicir que a Intelixencia Artificial -que vai ter na Coruña un centro de formación específico- xa está de cheo entre nós. Veu entrando paseniñamente nas nosas vidas e agora amenaza, segundo os expertos, a 300 millóns de postos de traballo nas grandes economías mundiais.
Hai medo aos robots. Segundo os entendidos, poden “alterar a economía mundial e causar unha hecatombe ao ver como a automatización aniquila empregos tradicionais”.
A intelixencia artificial, asociada á robotización e automatización, permitirá substituir moitos traballos e tarefas que actualmente son realizados por mulleres e homes. Pola intelixencia artificial unha máquina ten a habilidade de presentar as mesmas capacidades do ser humano. Entre outras, razonamento, aprendizaxe, creatividade, capacidade de planear. Ou de permitir que os sistemas tecnolóxicos perciban o seu entorno, se relacionen con el, resolvan problemas e actúen con fins específicos. É o presente e o futuro da tecnoloxía: a máquina recibe datos (xa preparado e recompilados a través dos seus propios sensores) por exemplo unha cámara se encarga de procesalos e da resposta a estes.
Os distintos sistemas da IA son quen de adaptar o seu comportamiento, en certa medida, analizando os efectos de accións previas e de traballar de xeito autónomo,
Vai máis de 50 anos que existen algunhas tecnoloxías con intelixencia, pero os avances na potencia informática, a disponibilidade de enormes cantidades de datos e usos algoritmos permitiron que nos últimos anos se deran os máis grandes avances na Intelixencia Artificial. Esta ten un papel central na transformación dixital da sociedade e xa é unha prioridade da Unión Europea. Xa está presente nas nosas vidas e as súas aplicación futuras implicarán, sen dúbida, grandes cambios.
A Intelixencia Artificial xa afecta, positiva ou negativamente, á vida diaria dos europeos, motivo polo que o Parlamento Europeo xa creou unha comisión para examinar o impacto da tecnoloxía e solicitou unha folla de ruta europea a longo prazo sobre a intelixencia artificial.
Os países europeos avanzan na industria dixital e nas aplicación entre empresas. Cunha infraestructura de gran calidade e un marco regulatorio que protexa a privacidade e a liberdade de expresión, a UE podería chegar a ser un líder global na economía de datos nas súas aplicacións.
En teoría, a Intelixencia Artificial aporta beneficios para os cidadáns en atención médicas, os coches e outros medios de transporte, o acceso á información, educación e formación; permite o desenvolvemento dunha nova xeración de produtos e servizos, redución de custes nos servizos públicos e contribuir e contribuir a acadar os obxectivos do Pacto Verde Europeo; pero tamén crea unha grande amenaza: o uso excesivo da IA é tamén problemático. Existe o risco de investir en aplicacións inúteis en usar esa Intelixencia Artificial en tarefas que non a requiren. A liberdade de reunión e protesta está asimesmo ameazada pola IA. Esta podería rastrexar ás persoas vencelladas a certas crénzas ou accións. O seu uso podería eliminar un grande número de postyos de traballo, se ben tamén é certo que podería crear outros. O 14% dos empregos nos países da OCDE son altamente automatizables, e un 32% podería enfrontar cambios substanciais, segundo estimación do Parlamento Europeo de 2020-



