A I Feira de Emprego do Barbanza arrinca este xoves cun completo programa de actividades para empresas e demandantes de emprego

18 Abril 2023


O Concello de Boiro celebra os días 20 e 21 de abril a I Feira de Emprego do Barbanza no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira co obxectivo de “promover e facilitar a relación entre o tecido empresarial e as persoas demandantes dun posto de traballo”. A cita busca tamén mostrar as principais estratexias en formación e selección que se están a levar a cabo por parte das organizacións empresariais máis representativas da zona.

A feira comezará o xoves coa recepción e apertura a partir das 9.30 horas. Ás 10.00 terá lugar o primeiro foro, nomeado Eixes de desenvolvemento económico do Barbanza, no que van participar José Ramón Romero García, alcalde de Boiro e presidente da Mancomunidade Barbanza Arousa; Beatriz Sestayo, xerente de SEA S.L.; e as empresas JJ Chicolino S.L. e CONGALSA S.L. O foro estará moderado por Carlos Muñiz, concelleiro de Promoción Económica e tratará sobre as problemáticas de xerar emprego e medrar como empresa; a falta de solo industrial e as necesidades de diversificación económica da comarca.

O segundo dos foros, Estratexias en materia de formación e emprego, celebrarase ás 12.00 horas e contará coas intervencións de Zeltia Lado, directora xeral de formación para o emprego e orientación; Nuria Figueira, de JEALSA S.A.; Ángela Seoane, directora territorial de Nortempo ETT; Sonia Arias, responsábel da dinamización da relación con empresas do Barbanza, Muros e Noia e FP dual. Este segundo foro estará moderado por Juancho Armental, fundador e director xeral do grupo Arestora e tratará sobre a retención de talento, as necesidades de conciliación, perfís máis demandados, formación, experiencia, e o emprego en persoas con discapacidade.

O programa continúa o venres con obradoiros orientados a demandantes de emprego. Ás 10.00 horas Iria Montero e Raquel Suárez de Nortempo ETT impartiran un taller sobre Busca activa de emprego no que se tratarán contidos sobre estratexias e elaboración de currículos, uso de redes sociais, como enfrontarnos a unha entrevista de traballo… Ás 11.00 horas Tomás Estévez, xerente da ABE, impartirá un obradoiro sobre Emprendemento, autoemprego e creatividade no que se explicarán claves para emprender e sobre o tecido empresarial.

Ás 12.00 horas Domingo Álvarez Agudo, especialista en orientación vocacional e profesional impartirá o taller de Orientación profesional que tratará sobre a importancia da ESO, FP a distancia, formación en capacitación profesional para a mellora da empregabilidade e a necesidade de capacitación dixital.

Ás 13.00 horas celebrarase o último dos obradoiros, o de Inserción laboral de persoas con discapacidade e en risco de exclusión, impartido por Rocío Vázquez Fernández, da Asociación Amicos, e que tratará sobre estratexias de posibilidades de inserción de persoas con discapacidade.

O acceso aos foros do xoves 20 é libre e están destinados a empresas e público xeral. Para os talleres do venres 21 requírese inscrición previa mediante o formulario dispoñíbel na web municipal.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...