A Deputación organiza as xornadas sobre patrimonio Conservar e avanzar

19 Abril 2023

A área de Patrimonio da Deputación da Coruña organiza entre o 27 o 29 de abril as xornadas Conservar e avanzar, que abordará cuestións como os retos na xestión dos bens patrimoniais para o século XXI, os usos das identidades nas paisaxes culturais ou as perspectivas sociolóxicas e educativas sobre o patrimonio. O ciclo celebrarase na sede coruñesa do MUNCYT, no dolmen de Dombate e no Castelo de Vimianzo. O programa inclúe visitas guiadas a eses tres espazos.

“Estas xornadas”, explica o deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, “continúan co labor de socialización dos bens patrimoniais que xestionamos, mais tamén do contexto que afecta a este tipo de recursos e da riqueza que supoñen a nivel comunitario e social”. O programa especialistas contará con especialistas tanto da Coruña como doutros lugares do Estado, que profundarán en diversos enfoques que terán como denominador común a incorporación das diferencias como criterio de igualdade.

A entrada aos relatorios é libre, pero para o diploma de asistencia, que expedirá a Deputación, compre inscribirse na páxina web da institución provincial, na ligazón: dacoruna.gal/patrimonio. Para facer uso do transporte colectivo ou participar no xantar do sábado é necesario inscribirse.

PROGRAMA

Xoves 27 de abril, no MUNCYT

  • 17 horas. Yamilé Pérez Guilarte, da Universidade da Coruña. “Perspectivas sociolóxicas e educativas sobre o patrimonio: unha revisión necesaria para unha educación patrimonial crítica”.
  • 18.15 horas. Manuel Mosquera, do Museo de Belas Artes da Coruña. “Do obxecto ao social, do social ao obxecto. Novas perspectivas sobre o museo”.
  • 19.15 horas. Mesa redonda. “Os retos da xestión do patrimonio para o século XXI”.

Venres 28 de abril, no MUNCYT

  • 17 horas. Marta Somoza. “Usos e identidades nas paisaxes culturais. Entrelazando valores dende o planeamento e programación”.
  • 18 horas. RVR Estudo de Arquitectura. “Reflexións sobre algunhas intervencións arquitectónicas no patrimonio cultural. Dende o Castro de Baroña ao Castro de Elviña, pasando polo cabo de Fisterra”.
  • 19.15 horas. Visita guiada ao MUNCYT.

Sábado 29 de abril, no dolmen de Dombate e no Castelo de Vimianzo

  • 10 horas. Jorge Sanjurjo Sánchez, da Universidade da Coruña. “Técnicas de laboratorio no estudo datacional do patrimonio. Casos concretos”.
  • 11 horas. Leo González, técnico de proxectos Trivium. “As técnicas informáticas ao servizo da divulgación patrimonial”.
  • 12 horas. Cristina Castellà Figuera, do Consorci Patrimoni Mundial de La Vall de Boí. “A xestión do conxunto románico de La Vall de Boí”.
  • 13 horas. Visita ao dolmen de Dombate.
  • 16.30 horas. Visita ao Castelo de Vimianzo.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.