“A concurso público a prestación do Servizo Aéreo de Rescate de Gardacostas de Galicia, privatizado pola Xunta”. Antón Luaces

20 Abril 2023

A Xunta saca a concurso público o contrato para a prestación do Servizo Aéreo de Rescate de Gardacostas de Galicia para os próximos catro anos, que obriga á empresa adxudicataria a poñer a disposición dous helicópteros para blindar un servizo que esixe operatividade as 24 horas dos 365 días do ano e un tempo de resposta ante calquera emerxencia de 10 minutos. O contrato terá unha vixencia de catro anos cun importe de licitación de 45 millóns de euros (se ben o seu valor estimado ascende a 58 millóns incluindo a posibilidade de prórroga por un ano e posible subas das horas de voo por circunstancias excepcionais. Fáise mención expresa na convocatoria a que as aeronaves deben ser modernas e dotadas coas últimas tecnoloxías. Nada se día, sen embargo, das dúas que actualmente prestan servizo e que pertencen a unha empresa após ser privatizado pola Xunta o que está vixente.

Precísamente este Servizo de Gardacostas de Galicia privatizado, como dicía, polo goberno galego, non recuperará o seu carácter público debido a que o Executivo galego e a maioría absoluta que o PP ten no Parlamento de Galicia se negaron a admitilo  en resposta a unha proposición nese sentido feita na Cámara galega polo BNG.

Tentóuno a formación nacionalista o pasado 18 de abril tras “arrincar” o compromiso dos conservadores para instar á Xunta a investigar os incumprimentos  dos pregos do devandito Servizo de Salvamento Marítimo de Galicia, pero deixando claro que non haberá volta atrás na privatización do mesmo.

Nen sequera escoitando da portavpz de Pesca do BNG, Rosana Pérez, que tal privatización pon en risco a saúde e as vidas das persoas as que se tenta axudar así como as dos propios membros do Servizo, sendo este pagado por todos os galegos “a unha empresa incumpridora” á que denunciou polos “graves e numerosos” incumprimentos. Entre outros, dixo Rosana Pérez, o uso dos helicópteros de salvamento da empresa concesionaria -Babcok”- para o transporte sanitario, cuestión esta que implica que os pilotos das aeronaves asuman máis responsabilidades que as propias do rescate no mar e carecendo da axeitada preparación para elo, “o que impide realizar los rescates con garantías”, puntualizou a parlamentaria nacionalista.

Porque a empresa está a empregar aeronaves no Servizo de Salvamento de Galicia desbotados “por obsoletos e ineficientes polo ente público estatal SASEMAR”.

O panorama non deixa de ser contradictorio e preocupante. E non semella que, con estes precedentes, a nova contratación faga variar o xa existente.

Ao tempo.

Outros artigos

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.