A banda boirense D’Crooners actúa este sábado na súa terra

28 Abril 2023

Esta fin de semana a rúa Peonil de Boiro, a carón do Mercado Municipal, vai acoller un concerto urbano da agrupación boirense D’Crooners Band, na actualidade mergullada nunha xira acabada de arrancar: a xira All in pola xeografía galega. A cita será este sábado 29 de abril a partir das 20.00 horas.

D’Crooners Band é un novo proxecto musical boirense no que milita Michael J. Rey, unha das grandes figuras emerxentes da música galega, que acadou unha gran repercusión durante a pandemia coas súas actuacións na praza da Mancomunidade de Boiro, actuacións nas que interpretou (entre outros) a Nino Bravo, Pucho Boedo, Elvis Presley, U2 e mesmo pezas da tradición operística, e que logo se converteron en virais a través das redes sociais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...