A Aula CeMIT de Ribeira leva a formación en uso do móbil ás parroquias de Castiñeiras, Olveira e Artes

13 Abril 2023

O Concello de Ribeira apostou esta tempada por levar a formación tecnolóxica ao rural do termo, sacando dos seus límites físicos (na rúa de Cubeliños de Santa Uxía) a actividade TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) da Aula CeMIT. Deste xeito, a iniciativa da Concellería de Educación, as parroquias de Castiñeiras, Olveira e Artes van dar cabida a cadanseus cursos gratuítos sobre uso básico de móbil con sistema operativo Android impartidas polo axente da Aula CeMIT de Ribeira.

Con catro horas de duración cada acción formativa, as correspondentes a Castiñeiras e Olveira terán lugar do 17 ao 20 de abril (de 11.30 a 12.30 e de 19 a 20 horas nas súas respectivas Casas de Cultura), en tanto que o de Artes celebrarase do 25 ao 28 de abril, de 19 a 20 horas no Centro Recreativo.

As inscricións poden facerse, como de costume, a través da web da Aula.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.