O xoves Galicia seguirá na influencia das borrascas atlánticas que enviarán unha nova fronte na primeira metade do día. Así comezaremos a xornada cos ceos cubertos e con chuvias, ocasionalmente de forte intensidade e acompañadas de aparato eléctrico e sarabia. A partir do mediodía iranse abrindo claros e as chuvias irán remitindo cara á noite. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará moderado do suroeste con intervalos fortes no litoral e zonas altas.

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e do sudoeste á tarde e á noite, forza 6 a 7 á mañá, 5 a 6 á tarde e 4 a 5 á noite. Media vaga á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá, regular á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá e 5 a 6 metros á tarde e á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 05:05 | 3.8 m |
| Baixamar | 11:15 | 0.6 m |
| Preamar | 17:22 | 3.6 m |
| Baixamar | 23:22 | 0.6 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:57 | 3.7 m |
| Baixamar | 11:07 | 0.6 m |
| Preamar | 17:15 | 3.5 m |
| Baixamar | 23:14 | 0.7 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 05:01 | 3.7 m |
| Baixamar | 11:11 | 0.6 m |
| Preamar | 17:18 | 3.6 m |
| Baixamar | 23:19 | 0.6 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



