Xosé Iglesias Lamela dá a coñecer en Rianxo, este sábado, o seu novo libro de poemas

10 Marzo 2023

Este sábado 11 de marzo vaise presentar en Rianxo, no Museo do Mar, o libro de poemas Atlántico Norte, chamádeme Ismael, do escritor e mariñeiro Xosé Iglesias Lamela (Cee, 1974), editado por Caldeirón. A presentación dará comezo ás 19.30 horas. O autor estará acompañado do grupo musical Barahúnda.

O escritor da Costa do Morte facendo soar a súa buguina

O libro, que rende homenaxe no seu título á inmortal obra de Melville, Moby Dick, é froito da experiencia persoal biográfica do autor en augas do Gran Sol e outros martes lendarios e inspiradores tradicionalmente ligados á pesca dos mariñeiros galegos.

Xosé Iglesias ten participado en varias publicacións colectivas, entre as que salientan Versus Cianuro (2013); Historias, mitos e monstruos do mar de Galicia (2013); Alén do silencio (2014); Dez anos na porta (2015) ou Aldeas sen voz (2016). Foi finalista nos premios da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) no ano 2015 polo seu primeiro poemario mariñeiro, Transfusión Oceánica, e tamén no 2017, co seu libro A relixión do mar, obra que foi premiada na IX edición do premio Victoriano Taibo de poesía (Gondomar).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...