Volven a licitarse as obras de ampliación do complexo da Fieiteira para un módulo cuberto de atletismo

16 Marzo 2023

O Concello de Ribeira informa de que esta semana a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes sacou de novo a licitación as obras de ampliación do Complexo Deportivo de A Fieiteira a través da construcion dun Módulo Cuberto de Atletismo.
Así, o orzamento base de licitación ascende esta vez a un total de 2.357.848,51 euros, IVE incluído, e o prazo de execución son 12 meses.
A intención desta obra, que está cofinanciada pola Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Ribeira, radica en construir un pavillón que albergará unha zona de adestramento cuberta para atletismo
mediante un módulo que conta con pista de 5 rúas, zona de saltos, lanzamentos; espazos para ximnasio, sala de musculación e actividades de tecnificación para a práctica do taekwondo; construción de novos vestiarios, aseos e duchas e o seu equipamento; ademais das reformas de accesibilidade e acceso
ao primeiro andar.
O prazo límite para presentar ofertas é o 10 de abril ás 14 horas. Está programada unha visita para os potenciais interesados o vindeiro venres 24 de marzo, previa comunicación por correo electrónico a
obras.deporte@xunta.gal.
Cómpre lembrar que esta é a terceira vez en que se saca a licitación esta iniciativa despois de que as dúas primeiras quedasen desertas por mor do progresivo encarecementos dos custes dos materiais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.