Volve o Club da Raíña Lupa impulsado dende Cultura da Deputación

07 Marzo 2023

Neste mes de marzo volve á Biblioteca provincial o Club da Raíña Lupa, a iniciativa literaria “sen etiquetas e sen complexos” que naceu ao abeiro do Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña. O club, que foi concibido baixo a filosofía de que “non hai idade, hai literatura”, ten por obxectivo socializar a idea de que a LIX vai máis aló do público estritamente xuvenil.

Esta segunda edición ofrecerá seis encontros – tres na primavera e tres no outono –  e está coordinada polo gañador da última edición do Premio Raíña Lupa, Lois Pérez. O club reunirase na Sala César Antonio Molina da Biblioteca provincial da Coruña, ás 18h do penúltimo venres dos meses de marzo, abril, maio, setembro, outubro e novembro. O venres 24 de marzo, será a escritora Antía Yáñez a encargada de inaugurar esta segunda edición de encontros co público lector. Nos seguintes meses participaran Miguel López (El Hematocrítico), Marilar Aleixandre, María Reimóndez, Eva Mejuto e o propio Lois Pérez.

Para participar no Club da Raíña Lupa será necesario inscribirse previamente a través de correo electrónico. O prazo de inscrición abrirase o luns 13 de marzo, día no que se fará público o enderezo electrónico de inscrición. O número de prazas estará limitado a 25 persoas e poderá participar tanto o público máis novo como calquera persoa adulta -nais, pais, irmáns, docentes, bibliotecarias- que desexe compartir experiencia lectora cos máis novos e novas.

Calendario de lecturas e encontros:

–       Venres 24 de marzo: Antía Yáñez – Plan de rescate

–       Venres 21 de abril: Miguel López (El Hematocrítico) – Dona Problemas

–       Venres 19 de maio: Marilar Aleixandre – Nogard

–       Venres 22 de setembro: María Reimóndez – Cobiza

–       Venres 20 de outubro: Eva Mejuto – A ladroa da biblioteca de Meirás

–       Venres 17 de novembro: Lois Pérez – A tribo do mar

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.