Un curso do ámbito sociosanitario incrementa a oferta formativa da Pobra

31 Marzo 2023

A Pobra do Caramiñal segue incrementando a oferta formativa cunha nova acción: o curso de
promoción dos coidados en persoas dependentes no ámbito sociosanitario. A concelleira do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG), sinala que está orientado a profesionais de axuda no
fogar “coa finalidade de mellora-lo seu servizo para fomentar en persoas dependentes unha maior autonomía, ademais de facilitarlle o seu traballo.”
Pola súa parte, a orientadora laboral, Blanca Álvarez, puntualiza que é baremable nos procesos públicos, polo que “apostamos pola formación no ámbito sociosanitario para a mellora na calidade das bolsas de
contratación na Administración pública local e autonómica.”
Agadea impartirá a formación nos sábados, de 09.00 a 13.00 horas, do período comprendido entre o 29 de abril e o 15 de xullo. As clases terán lugar na aula multiúsos da Casa da Mocidade. Consta de 50 horas nas que se combina o contido teórico con exemplos prácticos e intercambio de experiencias.
Abordaranse temas como evita-la sobrecarga, fomenta-la autonomía da persoa dependente, coida-las posturas á hora das mobilizacións, alimentación, aseo e hixiene, desenvolvemento de habilidades
comunicativas, coñecer a medicación, manexo das caídas ou a importancia da prevención nas úlceras, entre outras cuestións.
O prazo de inscricións permanecerá aberto do día 3 ao 11 de abril, ambos inclusive. Seguindo a dinámica habitual, as solicitudes de participación nesta acción formativa entregaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, xunto coa copia do DNI. Establécese un límite de 20 prazas que se cubrirán pola orde de entrada. Habilítase o teléfono de contacto 981377610 para máis información.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.