UFD inviste 210.000 euros en obras de mellora da subministración eléctrica no municipio da Pobra

06 Marzo 2023

A compañía construíu unha nova liña de media tensión subterránea, así como un novo centro de transformación e a súa rede de baixa tensión asociada.

UFD, distribuidora eléctrica de Naturgy, xestiona na provincia da Coruña máis de 23.000 quilómetros de rede de baixa e media tensión, preto de 10.300 centros de transformación e dá servizo a máis de 715.000 puntos de subministración. En Galicia, a distribuidora eléctrica de Naturgy fornece a máis de 1,5 millóns de puntos de subministración en 286 municipios das catro provincias, a través dunha rede de 60.300 quilómetros de rede.
UFD, a distribuidora eléctrica do grupo Naturgy, investiu 618 millóns de euros no últimos cinco
anos para mellorar a súa calidade servizo e reforzar as súas infraestruturas en Galicia. Os investimentos realizados centráronse en innovación e aplicación de novas tecnoloxías para avanzar na telemedida e
telegestión dos puntos de subministración, no telecontrol e sensorización das redes, así como no
robustecimiento das infraestruturas, co obxectivo de integrar o incremento da xeración renovable.
Só en 2022, a compañía investiu 138 millóns de euros a este fin, dos que 17 millóns foron destinados expresamente á dixitalización e automatización da rede, con proxectos de supervisión avanzada en Baixa Tensión, actuacións en Media e Alta Tensión, ciberseguridade e xestión avanzada de activos, entre outros.
Os investimentos realizados en sensorización e dixitalización das súas infraestruturas permitiron a mellora
da calidade da subministración eléctrica. O indicador que mide a calidade da subministración eléctrica, o tempo de interrupción equivalente á potencia instalada (TIEPI), sinala que a interrupción media do servizo foi de 54,8 minutos durante o ano pasado, cunha mellora do 21% no últimos cinco anos.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...