“Triacastela, no principio e no medio”. Luís Celeiro

09 Marzo 2023

Os historiadores non se paran niso, pero hai quen di que o nome de Triacastela ten a súa orixe nos tres Castelos ou nos tres castros da zona. O seu fundador, Afonso IX chamoulle Vilanova de Triacastela e aí está como un dos lugares descritos polo Códice Calixtino de Aimerico Picaud, no principio do Camiño Francés en Galicia e no centro ou no medio do universo xacobeo, despois do Cebreiro e ao pé do Mosteiro de Samos, onde a grandeza monumental obriga a outra parada antes de seguir camiño cara a Santiago de Compostela.
Os peregrinos veñen de lonxe e van por esa ruta marcada pola historia. Atravesan Sarria e saen desta vila de sempre xacobea pala ponte da Áspera, para chegar cedo a Barbadelo e, por Ferreiros de Paradela, baixar a Portomarín. De Portomarín, por Gonzar e Ventas de
Narón a Ligonde de Monterroso e de aquí a Palas de Rei, por o Rosario e ao lado de Vilar de Donas. Das terras da Ulloa, o Camiño abre paso por Leboreiro e Furelos. Por Melide e Santa María, por Arzúa e O Pino entra no Monte de Gozo e en Santiago, para que os peregrinos desfruten, choren, recen e vexan a inmensidade da Catedral, das prazas compostelás e a grandeza tan enorme da cultura, da gastronomía e das artes deste lugar final dos camiños.
Triacastela xa queda no alto, queda alí onde todos queren volver, un “lugar de transito de culturas, xentes, opinións e miradas”. Alí onde un fito, unha mouteira traída de Xapón, deixa ver que a vila é como un nexo de unión de civilizacións, pobos, culturas, tempos e saberes. Este fito doado pola Asociación do Camiño de Shikoku Henro é outro dos instalados pola mesma Asociación noutros lugares da ruta xacobea.
A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comarca de Sarria e o seu presidente, Jorge López, apuxaron estes encontros cos camiños de peregrinación de Xapón e, de modo moi especial co de Shikoku, que une oitenta e oito centros budistas, algúns deles de grandes dimensións e case que todos de extraordinaria beleza.
Shikoku é a máis pequena e menos poboada das catro illas principais do Xapón. A ruta que a rodea conta con mil douscentos quilómetros. Trátase, como explicaba o outro día en Triacastela o presidente da Asociación deste Camiño, Hirofumi Matsuoka, dunha ruta circular que cada peregrino recorre dende calquera punto ata outro calquera. Algúns galegos, lectores deste xornal, estiveron na illa e queren volver a Xapón para andar por este Camiño e por xunto dos templos sagrados do Kumano Kodo, irmandado co Camiño de Santiago e tamén Patrimonio Mundial.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...