Unha persoa tivo que ser liberada polos Bombeiros de Boiro e o GES de Noia, despois de que o seu coche se saíse da vía e rematase nunha leira, no lugar de Cernande. Os servizos de emerxencia quitaron o parabrisas do vehículo para poder sacar á persoa, que resultou ferida.
Uns minutos antes das 18:00 horas, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do accidente.
A partir dese momento, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Boiro, do GES de Noia e da Garda Civil de Tráfico.
