Sae a licitación, por 180.000 euros, a mellora dos parques infantís da Capela e Parte ao Río (Carreira)

09 Marzo 2023

O Concello de Ribeira sacou a licitación o proxecto para cubrir e renovar o parque infantil da Capela, en Carreira, e para mellorar o de Parte ao Río, situado na mesma parroquia: unha dobre actuación que conta cun orzamento de 179.566,21 euros, IVE incluído, e un prazo de execución de dous meses.

O obxectivo concreto destes traballos é “poñer a punto ambos parques infantís creando dous espazos renovados que satisfagan as necesidades dos veciños”. Para isto, o parque de A Capela vai ser desmontado por completo e resituado nun lateral da pista, “creando unha superficie de xogo máis ampla na que se recolocarán varios dos elementos existentes e instalarase un equipo combinado novo de maior tamaño e con máis prestacións que o actual”, sinalou o Concello, engadindo que “toda esta superficie disporase sobre un pavimento de caucho continuo e sobre a mesma colocarase unha cuberta téxtil soportada sobre unha estrutura metálica”.

O parque de A Capela

En canto ao parque a Parque ao Río, desmontarase os brinquedos actuais e situarase o equipo combinado da Capela, ademais de recolocar un columpio, un balancín e un xogo-resorte. Amais, pavimentarase toda a área de xogo con caucho continuo.

O investimento está incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+2022. As empresas interesadas dispoñen ata o 3 de abril á medianoite para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

O parque de Parte ao Río

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.