Sábado chegan novas borrascas

10 Marzo 2023

O sábado Galicia permanecerá na influencia das borrascas coa chegada dunha fronte polo litoral atlántico. Con esta situación agárdanse ceos cubertos, con chuvias máis persistentes no oeste da provincia da Coruña e que apenas chegarán á provincia de Ourense. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso, polo que se agarda unha xornada de moi pouca oscilación térmica. O vento soprará moderado do suroeste, con intervalos fortes no extremo norte.

O domingo teremos un día de ceos con intervalos nubrados, con algúns orballos no oeste. Xa á noite comezarán as precipitacións de maior intensidade, sendo moderadas no litoral atlántico. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán do suroeste, moderados no interior, fortes no litoral, aumentando de intensidade co vance da tarde.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e do sur á tarde e á noite, forza 4 a 5 á mañá e á tarde e 3 a 5 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade mala á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste á mañá e á tarde e oeste á noite, con ondas de 2.5 a 3 metros á mañá, 3 a 3.5 metros á tarde e 3 a 4 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar06:063.7 m
Baixamar12:150.7 m
Preamar18:263.5 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar05:583.6 m
Baixamar12:070.7 m
Preamar18:183.4 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar06:043.6 m
Baixamar12:120.7 m
Preamar18:233.5 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.