Ribeira renderá tributo ás cociñeiras no Día da Muller (este 8-M)

02 Marzo 2023

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller (este vindeiro 8 de marzo), o Concello de Ribeira vai homenaxear este ano ás cociñeiras do municipio. Así o anunciaron a concelleira de Servizos Sociais, Promoción Social, Igualdade e Diversidade, Ana Barreiro, e máis a directora do Centro de Información á Muller de Ribeira (o CIM), Dolores Crujeiras. Xuntas presentaron a axenda para conmemorar a dita xornada, sinalando que o obxectivo é aproveitar a celebración para rende homenaxe ás cociñeiras e darlles a visibilidade “que merecen”.

O evento terá lugar o mércores 8 de marzo a partir das 18 horas no salón de plenos do Consistorio e contará coa intervención de Lucía Freitas, prestixiosa chef galega dos restaurantes A Tafona e Lume, distinguidos cunha estrela Michelín e dous soles Repsol, que falará da súa profesión dende unha perspectiva de xénero.

Chamamento

Ana Barreiro informou de que a día de hoxe xa hai confirmada a participación de case medio cento de cociñeiras froito das chamadas que se están a realizar. Malia todo aclarou que “se por algunha razón algunha profesional da cociña do municipio non fose contactada, non dubide en sentirse convidada”. A tal efecto animou a dirixirse ao CIM (teléfono: 981 870 131 / mail: cim@ribeira.gal) e comunicar o desexo en tomar parte no acontecemento.

O acto tamén contará coa implicación do alumnado do obradoiro de emprego Tahume VIII, tanto na especialidade de cociña (que preparará unhas galletiñas para as asistentes, entre as cales se contarán ademais algunhas das integrantes desta escola formativa), como de montaxe de redes, que elaborou uns agasallos confeccionados con este material.

Por outra parte, o 8-M traerá por primeira vez unha ópera a Ribeira. O espectáculo será o propio mércores a partir das 20.30 horas no Auditorio, con entrada libre ata completar aforo. A función chámase Papagena e trátase dunha ópera contemporánea de Iago Hermo en clave de igualdade.

Exposición no Museo do Gravado

Ademais, do 22 de marzo ao 12 de abril exhibirase no Museo do Gravado de Artes en colaboración coa Deputación unha exposición conmemorativa baixo o título Nós somos elas. O seu horario: de martes a sábado de 9.30 a 16 horas e os festivos de 10 a 13 horas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...