Renovada parte da carpintaría exterior da fachada da Casa da Cultura Raquel Fernández Soler

30 Marzo 2023

O Concello da Pobra do Caramiñal continúa poñendo a punto as instalacións culturais. Desta vez
foi a quenda da Casa da Cultura Raquel Fernández Soler.
A este respecto, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), indica que as tarefas se focalizaron na carpintaría exterior. Efectuouse así o cambio de dúas portas da fachada principal e de dúas fiestras.
Madercrea NG Stilo S.L. foi a empresa encargada da intervención por un importe de 11738’2 euros, IVE incluído.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...