Proseguen na Pobra as actividades do 8-M cunha andaina contra a emerxencia climática e accións nos centros docentes

14 Marzo 2023

Continua na Pobra do Caramiñal a axenda impulsada pola Concellaría da Igualdade, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), co gallo do Día Internacional da Muller (o 8 de marzo) baixo o lema Avanzando cara á igualdade!

Esta semana será a quenda da actividade Mulleres fronte á emerxencia climática, un proxecto de acompañamento e organización de grupos de mulleres para poren en valor o seu papel como coidadoras da terra e das persoas ao longo da historia, e, tamén, recalcar a súa importancia na loita pola igualdade de xénero e a transición ecolóxica na actualidade.

O formato elixido para a divulgación sobre esta iniciativa será mediante unha andaina aberta ao público xeral no día 19, coa saída programada para as 12.00 horas dende o CEP Salustiano Rey Eiras. Nos vindeiros días, o alumnado do IES pobrense tamén terá a oportunidade de vivir esta experiencia.

A maiores, ata finais de mes continuarán os Contacontos pola igualdade nos centros educativos da infantil, a actividade Avanzando cara á igualdade para o alumnado da Primaria e a segunda edición do concurso de microrrelatos Igualdade, conta comigo!, dirixido á poboación adolescente e adulta.

Outros artigos

O Pazo da Mercé, na Listaxe Vermella do Patrimonio de Hispania Nostra

A Lista Vermella do Patrimonio que mantén actualizada online a asociación Hispania Nostra denunciando o estado de abandono dos tesouros da xeografía española, vén de engadir un novo inmóbel do Barbanza aos seus rexistros, que sumar á Casa da Cadea (A Pobra) e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

Eu vi a árvore chorar. Em honra da verdade choramos juntos. E entre lágrimas e balbucios de palavras, mesmo entendendo porque ele estava chorando, perguntei a ele. Ele não estava chorando pela fruta perdida, podiam ser maçãs, laranjas, neste caso eram pinhas, pinhas...