Presentada na Pobra a primeira entrega da saga A esencia viquinga Emil

24 Marzo 2023

A primeira entrega da saga viquinga Emil el rival desembarcou no Auditorio do Museo Valle-Inclán da
Pobra do Caramiñal na tarde deste 24 de marzo. Emilio Vázquez Fernández é o artífice deste libro de ficción histórica ambientado no século IX que narra as aventuras de Emil, quen aos oito anos é apresado
por unha frota viquinga durante unha incursión polas augas do río Volia para, xa en terras escandinavas, ser adoptado por un nobre e instruído para a guerra. Comeza así a lenda deste personaxe viquingo de ollos marróns e cabeleira escura e rizada.
No acto de presentación, o autor estivo arroupado pola concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e o edil boirense Marcos Fajardo.
Durante a súa intervención, Lojo quixo destacar a complexidade de traballar co xénero da ficción histórica, pois se ben os personaxes e a trama son froito da creatividade, deben responder a un contexto fidedigno que esixe un proceso de documentación.
Quixo así enxalzar a capacidade do escritor para elaborar un texto que conecta a súa inventiva coa realidade pasada da costa galega, na que houbo unha forte presenza dos pobos escandinavos. Isto tradúcese en que haxa localidades que, na actualidade, celebran romarías que rememoran a resistencia da súa poboación aos ataques viquingos; un exemplo de como determinados fitos transcenden á cultura nos nosos días.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.