“Poñer eólicos mariños na libreta de embarque e que pesquen eles”. Antón Luaces

04 Marzo 2023

Galicia foi, sen fachenda, a comunidade autónoma (ou rexión da Unión Europea) coa maior frota pesqueira e o maior número de tripulantes (mariñeiros). En pouco tempo será, con case que total seguridade, un  cemiterio de barcos e o litoral con  maior número de aeroxeradores/eólicos mariños situados a tiro de pedra desde a primeira liña de praia.

É algo que os galegos lle deberemos ao Goberno pola mediación do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico -onde aínda campa a vicepresidenta terceira, dona Teresa Ribera- e aos Plans de Ordenamento do Espacio Marítimo (POEM) que a Xunta non soubo ou non quixo rexeitar (por canto moitos dos aeroxeradores a instalar van ficar en augas cuxa  responsabilidade compete á comunidade autónoma).

Os polígonos que a eólica mariña ocuparán na zona cantábrica-noroeste abranguen máis de 2.500 quilómetros cadrados da zona marítima comprendida entre a desembocadura dos ríos Miño e Bidasoa, de Galicia a Euskadi, onde máis de 300 caladoiros permiten, a día de hoxe, que máis de 4.000 embarcacións de todo tipo podan capturar bocarte, xurelo, sardiña, xarda, rape, pescada, polbo, etc., etc., cos que nutrir mercados e industrias que, ä súa vez, dan traballo a milleiros de homes e mulleres que, de non haber barcos que pesquen, tampouco eles poderán traballar agás no caso de que a industria eólica os recoloque (algo imposible) e a acuicultura os reciba (asimesmo imposible).

Cuestión: os polígonos a disposición da industria eólica mariña concedidos polo Goberno pero reclamados (esixidos?) pola eólica cadran plenamente cos lugares onde faena a COTÍO a frota pesqueira galega. Esta, polo tanto. NON consta oficialmente como un sector prioritario a PROTEXER. Importa máis a industria éolica mariña -como xa aconteceu tamén coa terrestre en Galicia- que a pesca coma sector.

Os beneficios para os promotores deses 19 polígonos “debuxados” sobre catro cadrantes dun espazo total de 5.000 quilómetros cadrados de mar español quedan a expensas do que a industria do vento decida porque nen a comunidade autónoma, nen o Estado, nen tampouco a Unión Europea teñen pito que tocar no asunto. Aquí manda quen manda, sen necesidade  de trasladar as súas sedes a Países Baixos.

A pesca non figura entre os usos prioritarios desas zonas pre-elixidas-Pero sí está a eólica mariña, nomeadamente na zona noratlántica, onde ninguén demostrou que pode haber unha coexistencia entre a pesca e a eólica. Dito doutro xeito: a eólica mariña xa ten reservada a súa ubicación. Non así a pesca porque esta é, segundo o Ministerio, unha actividade SOBRERREGULADA pola Unión Europea.

Asï nos vai.

Ás 12 do mediodía do vindeiro 11 de marzo, unha concentración diante da delegación do Goberno en Galicia (praza de Ourense, A Coruña) vai dicir cal é o seu peso baixo o lema “A pesca e os nosos mares non se subhastan”.

Será certo?.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...