“Perder o tempo”. luís Celeiro

23 Marzo 2023

O reloxo hai que cambialo de hora dúas veces no ano, unha hora para adiante cara ao verán e outra para atrás, cara ao inverno. De repente, un día de domingo, ás dúas da madrugada xa son as tres e o luns, todos a espertar unha hora antes da hora de espertar na tempada
anterior. Cando se achega o inverno, é ao revés, atrásase o reloxo e todos a durmir unha hora máis. Como di o señor Domingo da Freixa, un home dos seus anos, “unha hora non é nada, pero unha hora por cada unha dos millóns de persoas ás que afecta o cambio dá unha
cifra ben elevada, unha cantidade que leva tempo pronunciala”. Son moitas horas de sono ou de traballo.
A economía poida que sexa a motivación principal destes cambios. Si, a economía está presente no día a día, no traballo, no ocio, no estudo, no movemento das poboacións, na investigación, nos tratados internacionais, no espírito dos conservadores e no pensar dos revolucionarios. Sábeno moi ben aquelas persoas que se dedican á divulgación, á política e, mesmamente, á comunicación. Tamén inflúe na meteoroloxía, no tempo e moito en marcalo, en medilo e distribuílo.
Mentres o tempo vai pasando, os homes achéganse ao final do traxecto e todo segue igual, cunha hora de cambio dúas veces no mesmo ano, unha para cambiar e outra para desfacer o cambio. Os teóricos e científicos non son todos da mesma idea e as administracións tampouco o teñen claro. A Comisión Europea acordou abolir este cambio horario, pero non foi quen de conseguilo. Aí seguimos á expectativa, como se o acordo se escribira en papel mollado, como se se tratara de xogar co tempo, cos horarios, coa vida e co traballo.
Expertos en ditames varios, investigadores en multitude de areas, elaboradores de informes e contables especializados din que o aforro por mor do cambio horario é de centos de millóns de euros. Quen será o aforrador afortunado? Onde estarán os contadores que miden o tempo, parcelado en séculos, en lustros, en anos, en meses, en semanas, días, horas, minutos, instantes ou momentos e segundos? Quen será capaz de poñerlle cancelas ao tempo?
Sempre igual, mañá é outro día, por iso a Tía Manuela quere gañar tempo, avanzar, facer tempo para reflexionar e pensar. E imitando a Agustín García Calvo, tamén quere ter oportunidades para perder o tempo, sen máis, nos horarios normais.

Outros artigos

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

+

“Non é a guerra, míster: son os feitos”. Antón Luaces

O vicepresidente de Estados Unidos de América, mr. Vance, nun arranque de sinceridade comedida, culpaba onte á guerra (ou guerras) nas que están metidos os estadounidenses, dos nefastos resultados acadados nas eleccións de medio mandado que non deixan moito marxe de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

La nada simple posibilidad de que las Elecciones Generales del próximo 29 de noviembre determinen una mayoría cualificada en el Congreso, lo que se pondría el consenso de al menos dos partidos en torno a un único candidato a Presidente, presupondría la oportunidad de...

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

A folga está recoñecida como un Dereito Fundamental na Constitución española, concretamente no seu artigo 28, entendendo como algo necesario para defender os intereses socioeconómicos e profesionais dos traballadores. Así mesmo o artigo 4 do propio Estatuto dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.