O Concello de Outes e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade programan un obradoiro de cociña sustentábel con Alejandro Igleias, co obxectivo de promover os produtos de proximidade e a alimentación saudábel, ao tempo que se combate, dende os fogóns e apostando por produtos de aquí, o transporte innecesario de mercadorías, os alimentos creados en grandes e contaminantes explotacións e, en consecuencia, o cambio climático.
Persoas destinatarias: mozos e mozas de 15 a 35 anos preferentemente.
Día, hora e lugar de realización: 28/03/2023 de 11:00 a 13:00 horas na aula das Cabanas do Bosque.
Inscricións: chamando de luns a xoves de 8:00 a 15:00h ao teléfono 981 850 003 ou 662 523 582 (Luís)
Atenderanse as inscricións por orde de chamada. Máximo 15 persoas.




