Os premios “Deporte Galego 2019-2022” celébrase este luns no Auditorio Municipal de Ribeira

20 Marzo 2023
A gala celebrarase no Auditorio Municipal de Ribeira e premiaranse aos axentes máis destacados do deporte galego en 18 categorías

A gala do deporte galego que non se celebraba dende 2019 terá lugar nesta ocasión este luns 20 de marzo no Auditorio Municipal de Ribeira.

O Diario Oficial de Galicia publicou hai uns días a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego que, de xeito excepcional e por mor da pandemia, abarcarán catro exercicios: 2019, 2020, 2021 e 2022.

Cómpre destacar a dificultade das propostas e decisións do xurado dos premios que tiveron en conta a realidade do deporte galego durante estes últimos catro anos. A Xunta agradece o esforzo de todo o tecido deportivo polo seu comportamento durante a pandemia e o recoñecemento pola súa rápida recuperación que contribuíu a que o deporte galego ratifique a súa posición como referente nacional e internacional.
Nesta ocasión, os premios que recoñecen aos máis destacados axentes do ámbito deportivo de Galicia, distinguen a 22 premiados nas 18 categorías.
Lista de premiados:

  1. -Mellor deportista feminina (ex aequo): María Teresa Portela Rivas (piragüismo) e
    Ana Peleteiro Brión (atletismo)
  2. -Mellor deportista feminina con discapacidade: Adiaratou Iglesias Forneiro
    (atletismo)
  3. -Mellor deportista masculino: Carlos Arévalo López (piragüismo)
  4. -Mellor deportista masculino con discapacidade: Martín de la Puente Riobó (tenis
    en cadeira de rodas)
  5. -Mellor equipo feminino: Club Deportivo Burela Fútbol Sala (fútbol sala)
  6. -Mellor equipo masculino: Club Tríatlon Cidade de Lugo Fluvial (tríatlon)
  7. -Mellor equipo de deportistas con discapacidade (ex aequo): Real Club Deportivo
    de la Coruña Genuine e Club Deportivo Lugo Genuine (fútbol)
  8. -Mellor entidade na promoción do deporte de base: Club Básquet Coruña
    (baloncesto)
  9. -Mellor adestrador ou adestradora: Miguel Martínez Méndez (baloncesto)
  10. -Mellor árbitro/a ou xuíz/a: Manuel Franco Ojea (tenis)
  11. -Mellor labor informativo: Galicia en Xogo Olímpico (Radio Galega)
  12. -Mellor evento deportivo (ex aequo): Mundiais de Loita sub-23 e grappling de
    Pontevedra 2019 e O Gran Camiño Cycling 2022
  13. -Mellor patrocinio deportivo: Recalvi
  14. -Mellor deportista revelación: Antía Jácome Couto (piragüismo)
  15. Premio ao xogo limpo (ex aequo): Escolas de Balonmán Xiria e Bueu Atlético
    Balonmán (balonmán)
  16. -Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e
    promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Instituto de Investigación
    Biomédica da Coruña – INIBIC Sergas
  17. -Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e
    promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Fundación Abrente – Enki
  18. -Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción
    da actividade física e hábitos de vida activa: IES Manuel García Barros

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.