Esta Semana Santa van continuar as mobilizacións da veciñanza da Corrubedo en contra dos recortes sanitarios e a prol dun mellor funcionamento do Centro Saúde local, onde as veciñas e veciños reclaman recuperar os servizos médicos habituais que eviten desprazamentos a Ribeira e que fomenten a calidade de vida en Corrubedo. Trátase, xa, da 21ª das mobilizacións, convocadas cada xoves da semana na vila. A deste xoves 6 de abril comezará no cruce, a carón do Bar Stop. As veciñas e veciños quixeron acompañar a convocatoria dun convite á cidadanía, ás entidades e ás plataformas sociais de Ribeira e do Barbanza para que se sume ás reclamacións.




