O xerente de Suministros Triñanes visitou a sede Ambar

27 Marzo 2023

Na mañá deste luns 27 de marzo, o xerente de Suministos Industriales Triñanes, Gonzalo Triñanes, visitou as instalacións da Asociación Ambar en Frións, Ribeira, para dar unha charla abeirada á formación en Industrias Alimentarias que se está a impartir no Centro de Recursos da Asociación Ambar, unha acción formativa financiada pola Fundación ONCE, e polo Fondo Social Europeo, Iniciativa de Emprego Xuvenil no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEJ).

Á sesion asistiu o alumnado da formación sobre Industria Alimentaria. A través desta acción trátase de promover a sustentabilidade e a calidade no emprego, favorecer a mobilidade laboral, así como reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas novas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.

Tamén estiveron presentes Milagros Rey, presidenta de Ambar; Jaime Capilla, coordinador da formación; Irene Paz, docente da formación e Laura Pego, coodinadora de comunicación. O acto dividiuse en tres partes: presentación, rolda de preguntas e un café con charla informal. Na súa charla Gonzalo Triñanes puxo o foco nas singularidades da súa empresa e nas bases necesarias para o traballo, facendo fincapé na importancia da seguridade na contorna laboral e nas bases que definen o seu traballo día a día: calidade de produtos, formación, modernización, seguimento, contacto e positividade.

Esta foi a cuarta xornada dun ciclo de conferencias con profesionais con experiencia na Industria Alimentaria. O pasado xoves 23 celebrouse a presentación de Adriana Rego representante do Grupo Cycle e este vindeiro xoves día 30, contarase ca presentación de Melisa Cespón, encargada de compras e azafata de eventos en Chicolino Restauración.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...