A campaña pobrense de voluntariado Agora é o momento! realizou unha nova acción medioambiental na praia da Corna na mañá deste domingo 12 de marzo. A xeira de traballo supuxo a retirada de 383’85 quilogramos de lixo.
A limpeza do referido areal efectuouse de maneira manual con material proporcionado polo Concello, ademais de contar coa colaboración da Protección Civil.
A concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo (Nós Pobra), relatou que este “é un exemplo das iniciativas de sensibilización postas en marcha pola Administración local para fomentar a conciencia ambiental; nesta ocasión, orientada á preservación das contornas naturais e a importancia de implicar a cidadanía no coidado destas, polo cal agradece o altruísmo das persoas participantes”.