O Rotogal Boiro Voleibol esfolla a margarida da permanencia na cancha do Vóley Palma

03 Marzo 2023

M. A.- Partido decisivo para o Rotogal Boiro Voleibol. Os da Cachada visitan este sábado 4 de marzo, ás 18.00 horas en Son Moix, ao Club Vóley Palma, antepenúltimo clasificado da Superliga 1. Os de Emilio Palacio necesitan sumar os tres puntos para manter posibilidades matemáticas de alcanzar a permanencia. Os baleares, pola súa banda, certificaríana en caso de bater ao conxunto boirense.

O Rotogal Boiro Voleibol afrontará un duelo ante un rival ao que nunca bateu na máxima categoría. Sobre a necesidade de vencer ao Vóley Palma para evitar a perda de categoría, o técnico Emilio Palacio sinala que “imos tentar sacar puntos para non descender, pero todos estamos preparados para asumir o que veña”.

Sobre o rival de mañá, Emilio Palacio afirma que “cambiou moito con respecto á primeira volta. Perdeu a Xavi Folguera, que era un referente, pero ficharon outro colocador, un punta e un central e agora teñen un equipo superior á primeira volta. Haberá que asumir riscos para facerlles dano”.

Por parte do Rotogal Boiro Voleibol, o colocador Jaime Arjones é dúbida por unhas molestias e no adestramento matinal deste sábado coñecerase se pode participar no partido ante Vóley Palma.

O Palma rexistrou variacións no persoal ao longo da tempada. Perdeu xogadores importantes como o colocador Xavi Folguera ou o central Carlos Manuel de Carvalho. O líbero José Osado e o central Cristian Palacios son dúas das pezas destacadas do equipo no que o xogador-adestrador Abel Bernal achega experiencia e poderío no saque.

Precedentes
Tempada 2022-2023
Rotogal Boiro Voleibol, 1-Palma, 3
Tempada 2021-2022
Rotogal Boiro Voleibol, 2-Palma, 3
Palma, 3-Rotogal Boiro Voleibol, 1
Tempada 2020-2021
Rotogal Boiro Voleibol, 2-Palma, 3
Palma, 3-Rotogal Boiro Voleibol, 2

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...