O Rotogal Boiro Voleibol clausura a tempada co duelo ante o tamén descendido Textil Santanderina

17 Marzo 2023


M. A. – Última etapa da Superliga. Despois de confirmar hai unhas semanas o descenso de categoría, o Rotogal Boiro Voleibol pecha a competición (este sábado ás 18.00 horas na Cachada) contra o Textil Santanderina, o outro conxunto que baixará á Superliga 2. Os de Emilio Palacio tratarán de sumar os primeiros puntos no choque que servirá como epílogo do curso.

A entrada é gratuíta para todos os seareiros que desexen asistir ao partido. Emilio Palacio, adestrador do Rotogal Boiro Voleibol, afirma que “eles son un equipo parello ao noso, polo que tentaremos sacar puntos e gañar para que a xente goce na Cachada”. “Eles cambiaron moito desde a primeira volta, non sei que rival imos atopar”, agrega. O preparador dos da Cachada non poderá contar este sábado 18 de marzo con Gaby del Carmen, que deberá cumprir un partido de sanción despois de ser expulsado contra o Vóley Palma.

O Textil Santanderina sumou catro puntos no que vai de tempada, os tres ante o Rotogal Boiro Voleibol na primeira volta e, na última xornada, un en casa contra o Vóley Palma. Os cántabros contan con Marcelo “Chino” Benavídez, ex da Cachada, como técnico. En xaneiro, rexistraron as baixas do oposto Felipe Pantaleao e o receptor Gabriel de Carvalho. Pero suplíronas co oposto Willi Peemuller, máximo anotador do equipo no choque da pasada fin de semana contra o Vóley Palma.

Precedentes
Tempada 2022-2023
Textil Santanderina, 3-Rotogal Boiro Voleibol, 1
Tempada 2020-2021
Rotogal Boiro Voleibol, 3-Textil Santanderina, 0
Textil Santanderina, 3-Rotogal Boiro Voleibol, 2

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.