O Rotogal Boiro Voleibol aspira a elevar o ton competitivo na cancha do potente Pamesa Teruel

10 Marzo 2023

M.A.- Tras consumar o descenso de maneira matemática a pasada fin de semana na cancha do Vóley Palma, o Rotogal Boiro Voleibol afronta este sábado 11 de marzo, ás seis da tarde, o último desprazamento do curso na Superliga. O conxunto de Emilio Palacio medirase ao Pamesa Teruel, que transita pola zona alta da táboa e está a realizar unha campaña notábel, no Pavillón dos Planos.

O conxunto boirense contará coa baixa de Mario Iglesias por motivos laborais. Acerca do encontro fronte ao Pamesa Teruel, Emilio Palacio, adestrador do Rotogal Boiro Voleibol, afirma que “o obxectivo é tentar sumar, tentar gañar algún set. Enfrontámonos a un rival que está a realizar unha gran tempada e que na primeira volta, na Cachada, foi un dos rivais máis aos que nos/nos enfrontamos”.

O Pamesa Teruel ocupa a terceira posición da Superliga, aínda que a pasada fin de semana sufriu un duro revés na súa cancha contra o líder Guaguas por 0-3. O oposto Rodrigo de Melo é o referente ofensivo do equipo aragonés, no que tamén destacan o líbero Aharón Gámiz e o central Víctor Méndez.

Precedentes
Tempada 2022-2023
Rotogal Boiro Voleibol, 0-Teruel, 3
Tempada 2021-2022
Rotogal Boiro Voleibol, 2-Teruel, 3
Teruel, 0-Rotogal Boiro Voleibol, 3
Tempada 2020-2021
Teruel, 3-Rotogal Boiro Voleibol, 0
Rotogal Boiro Voleibol, 2-Teruel, 3

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.