O proxecto Renatur_Outes avanza na recuperación ambiental do río Tins

06 Marzo 2023
Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de persoal investigador das tres universidades públicas galegas. Imaxe do río Tins. FOTO: https://renatur.outes.gal/

O Seminario de Inicio do proxecto Renatur_Outes serviu para dar a coñecer o proxecto que nos próximos anos traballará na recuperación ambiental do río Tins ao seu paso polo núcleo urbano de Outes. O foro contou coa presenza dos reitores das tres universidades públicas galegas, Antonio López da USC, Julio Abalde da UDC e Manuel Reigosa da UVigo; asociacións, colectivos e veciñanza de Outes e a súa contorna, representantes da comunidade educativa, así como representantes do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e autoridades locais.

A xornada serviu para dar conta de todos os aspectos do proxecto por parte das entidades participantes. En concreto, explicouse como, no eixo do proxecto, sitúanse a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmi, e a limpeza de residuos da contorna fluvial. Ademais, acometerase a sensibilización medioambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito, non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, senón tamén xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Logo da primeira sesión de gobernanza coa cidadanía e colectivos locais, a sesión rematou cunha pequena andaina polas marxes do río onde se realizou unha intervención simbólica de eliminación de especies exóticas e plantación de autóctonas, guiada pola Fundación Montescola e persoal experto das universidades en colaboración co colexio e instituto locais.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de persoal investigador das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal), xunto co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala en Muros entre o 16 e o 18 de outubro

Artur Puga O Mercado Municipal de Muros acollerá entre o 16 e o 18 de outubro (de venres a domingo) a edición 2026 do Culturgal Expandido, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Muros. O programa inclúe actividades para todas as idades e a presenza...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.