O PP de Outes culpa ao Goberno Local da perda dunha subvención concedida pola Xunta

06 Marzo 2023

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Outes responsabilizou hoxe ao Goberno Local da perda dunha subvención -63.750 euros- concedida pola Xunta de Galicia para construcción dunha pista multideporte no CEIP Serra de Outes.
“Esperamos que se puxeran xa en contacto coas familias deses nenos para explicarlles que os seus fillos non van ter unha pista de multideporte porque o Goberno Local non fixo o seu traballo”, apuntan os populares, quenes foron máis aló ao indicar que, na súa opinión, o que deben facer é “dicirlles que non a teñen porque tiñan que facer trámites administrativos, que tiñan que licitar e facer a obra.
Moi críticos coa “desia” e a “inacción” do grupo de goberno, os populares apuntan que esta non é a primeira vez que os veciños de Outes quedan sen a posibilidade de gozar dunha subvención concedida por unha administración debido a que o executivo municipal non é capaz de licitar, xustificar e sacar adiante o proxecto en cuestión.
“Temos cuantificado, polo baixo, que o Concello de Outes perdeu en subvencións xa concedidas 230.000 euros. Unha partida que tería permitido mellorar servizos, dar máis posibilidades aos veciños e preparar mellor o municipio”, denunciaron os populares, quenes engadiron que esta situación só demostra que “ou o Goberno Local non é consciente da gravidade da situación ou, o que sería aínda peor, é consciente
e dalle exactamente igual”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión