O PP da Pobra aclara a súa postura sobre a Ribeiriña

04 Marzo 2023

Ante as inquietudes manifestadas  polos veciños da Ribeiriña polo proxecto de mellora e na accesibilidade da antiga escola unitaria , desde o Partido Popular de A Pobra manifestan que esta actuación é unha proposta levada ao pleno do pasado mes de xaneiro a iniciativa do tripartito que  goberna o concello pobrense con maioría absoluta NP-BNG-PSOE.  

Foi presentada ao pleno polo concelleiro do BNG, Xabier Santos, que con a maioría que ten o tripartito sairía aprobada, independente da postura que adoptase o Partido Popular . Actuación sobre a que non se nos pediu opinión en ningún momento.

A pesar de todo, o concelleiros  do Partido Popular votaron a favor da mesma xa que a intención é trasladar e completar dita pista deportiva á chaira antigamente ocupada pola fábrica da Onza de Ouro, cun mellor acceso, máis aparcamento e como parte de un proxecto global de revitalación dunha zona de lecer e esparexemento agora abandonada,  xunto á mellora do parque infantil, xardíns e a súa contorna.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.