O Patrimonio da Deputación da Coruña, protagonista dunha campaña transmedia

17 Marzo 2023

A área de Patrimonio da Deputación da Coruña que xestiona o deputado Xosé Lois Penas, está a ultimar os detalles dunha campaña transmedia que ten por obxecto “promover a pegada histórica e cultural de varios bens patrimoniais de titularidade provincial”. Baixo o cancelo #PatrimonioInMaterial difundiranse media ducia de vídeo-clips musicais en redes sociais para amosar “a simbiose natural que existe entre o Patrimonio Material e Inmaterial”, en palabras da área de Patrimonio.

“Queremos dar a coñecer estes tesouros dun xeito máis transversal e socializado sobre todo entre a xente máis nova, polo que optamos por canles e formatos de difusión máis axustados ao perfil da mocidade” asegura Xosé Lois Penas.

Visita do deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, á gravación do vídeo-clip de Minguante nas Torres de Altamira

Os seis vídeo-clips foron gravados en localizacións de especial interese histórico e cultural como son o Dolmen de Dombate, o Castelo de Vimianzo, o forno do Forte, as Torres do Allo, as Torres de Altamira e o Mosteiro de Caaveiro.

Os vídeos subiranse os luns, a partires do 20 de marzo, á canle de Youtube da Deputación e, ao longo de cada semana, realizaranse diversas accións de difusión a cargo de creadoras de contidos culturais e xestores de comunidades como Ola Xon Mario!, Orgullo Galego ou Rodri Míguez. Toda a produción e coordinación técnica correrá a cargo da Cooperativa Audiovisual Suseia.

Todos os luns o perfil de Youtube da Deputación publicará un vídeo-clip que servirá como arranque para comezar coa difusión. As noites dos luns Rodri Míguez fará unha análise dun minuto do espazo escollido para interpretar a canción, os martes á tarde a conversa será en Twich da man de Orgullo Galego, os mércores Ola Xon Mario! encargarase de poñer a nota de humor e os xoves un post de Orgullo Galego achegará lendas e datos de interese relacionados co ben de interese.

Entre as bandas e solistas que participan existe unha grande variedade de xéneros musicais e propostas creativas: Adhara and Ritman coa súa mestura de folk e soul; O Rabelo que interpretará un tema tecno-tradi; Minguante e a aposta polo pop-indie; Técor Societario cun tema punk-folk; Sofia Espiñeira coa frescura do pop en galego e Lisdexia cunha aposta polo pop-punk.

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.