O escritor e mariñeiro Xosé Iglesias Lamela presenta en Rianxo o seu novo libro, este sábado no Museo do Mar

06 Marzo 2023

Este sábado 11 de marzo vaise presentar en Rianxo, no Museo do Mar, o libro de poemas Atlántico Norte, chamádeme Ismael, do escritor e mariñeiro Xosé Iglesias Lamela (Cee, 1974), editado por Caldeirón. A presentación dará comezo ás 19.30 horas. O autor estará acompañado do grupo musical Barahúnda.

O escritor da Costa do Morte facendo soar a súa buguina

O libro, que rende homenaxe no seu título á inmortal obra de Melville, Moby Dick, é froito da experiencia persoal biográfica do autor en augas do Gran Sol e outros martes lendarios e inspiradores tradicionalmente ligados á pesca dos mariñeiros galegos.

Xosé Iglesias ten participado en varias publicacións colectivas, entre as que salientan Versus Cianuro (2013); Historias, mitos e monstruos do mar de Galicia (2013); Alén do silencio (2014); Dez anos na porta (2015) ou
Aldeas sen voz (2016). Foi finalista nos premios da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) no ano 2015 polo seu primeiro poemario mariñeiro, Transfusión Oceánica, e tamén no 2017, co seu libro A relixión do mar, obra que foi premiada na IX edición do premio Victoriano Taibo de poesía (Gondomar).

Outros artigos

Este sábado 28 a Alameda de Noia acolle unha roda de capoeira

Este sábado 28 de novembro celebrarase unha roda de capoeira na Alameda. Unha roda de capoeira é un círculo humano onde se practica esta arte marcial afrobrasileira, funcionando como o seu espazo central de expresión, xogo, música e comunidade. Nela, as música e as...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...