O Consistorio de Ribeira acolle a vindeira semana a presentación de Poemarios, libro póstumo de Agustín Fernández Oujo

17 Marzo 2023

A sala de sesións do Consistorio de Ribeira vai acoller a semana vindeira a presentación do libro Poemarios, obra póstuma do ribeirense Agustín Fernández Oujo (1906-1978). O evento terá lugar ás 20.30 horas do xoves 23 de marzo, coincidindo co 117º aniversario da concesión do título de Cidade a Santa Uxía de Ribeira polo Rei Alfonso XIII.

Con 420 páxinas de extensión, o volume está editado polo Concello de Ribeira e recolle máis de 150 poemas, distribuídos en dous apartados titulados Poemario de reflexiones y consideraciones cristianas e Poemario de inspiraciones, pensamientos y versos.

Xunto aos escritos de Fernández Oujo intercálanse diversas fotografías antigas con vistas do municipio e outros documentos de interese.

Ademais do alcalde Manuel Ruiz, tamén está prevista a intervención no acto do fillo do autor, Agustín Fernández Martínez, que se desprazará expresamente dende o Principado de Asturias para participar.

Ao remate do mesmo repartiranse exemplares de balde entre as persoas asistentes. A entrada é libre.

O autor

Carpinteiro de profesión, Agustín Fernández Oujo é autor de obras como Mis Jornadas Poéticas en Avilés (1963) e En un saliente de las Rías Bajas de Galicia (1972). Faleceu en 1978 na localidade asturiana de Avilés. Dende 1991 conta cunha rúa na súa homenaxe no casco urbano ribeirense e no ano 2011 tivo lugar a edición polo Concello de Ribeira un primeiro libro póstumo titulado Homenaje poético a la comarca ribeirense de las Rías Baixas.

Cómpre lembrar por outra parte que o próximo 23 de marzo é tamén a data na que finaliza o prazo de entrega de obras candidatas á novena edición do Concurso de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.