O Concello de Boiro recibe unha tenda de campaña de emerxencias para o servizo de Protección Civil

24 Marzo 2023


O Concello de Boiro recibiu, para a Asociación de Voluntarios de Protección Civil e Emerxencias, unha tenda de campaña de emerxencias. O concelleiro, Marcos Fajardo, acompañou aos membros do dito servizo municipal na recepción do material que tivo lugar na mañá deste 24 de marzo na Delegación Territorial da Xunta de Galicia.

Estas tendas de campaña están habilitadas para ser despregadas en situación de emerxencia e que ofrecen tamén facilidades para o seu transporte, montaxe e desmontaxe. “Trátase dun material moi necesario para prestar determinados servizos como a colaboración en accidentes ou outros dispositivos de emerxencia que se presta tanto no propio concello como en colaboración cos servizos de emerxencias de outros municipios”, afirmou o concelleiro Marcos Fajardo.

O material recibido forma parte da subvención de Vicepresidencia Segunda da Xunta de Galicia para a adxudicación de equipos de emerxencias, co-financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo FEDER-Galicia.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.