O Concello de Boiro impulsa un blog de emprego

02 Marzo 2023

O Concello de Boiro, a través do departamento municipal de Emprego, impulso un blog que ten como finalidade facilitar á veciñanza ferramentas destinadas á procura de emprego. O servizo web Boiro Emprega contará con información sobre ofertas de traballo, axudas e subvencións, cursos formativos e outras temas de interese.

Segundo explica o Concello, este espazo pretende ser “un recurso eficaz e dinámico que responda ás demandas en materia de emprego e formación” e “que poida resultar de utilidade a todas as persoas que se atopen na procura dun posto laboral, que precisen información en materia formativa ou estean pensando en distintas posibilidades de emprendemento”.

Ademais de ofertas de emprego activas ou cursos de formación, neste blog estarán dispoñíbeis modelos diversos para elaborar un currículo e tamén outras ligazóns de interese á hora da procura activa de emprego.

O blog pode consultarse na ligazón boiroemprega.wordpress.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.