Esta fin de semana o Coliseo Noela de Noia acolle dúas obras que se encadran, tematicamente e formalmente, nas actividades reivindicativas deste 8-M, Día da Muller.
– O sábado 11 de marzo ás 20:30 será a quenda da opera electrónica Papagena, protagonizada pola soprano noiesa, Esperanza Mara. Papagena é unha obra que reflexiona sobre as relacións tóxicas e a violencia de xénero. A entrada é libre ata completar o aforo.

– O domingo 12 ás 18:30 será a quenda da obra de teatro Comisaría especial para mulleres protagonizada por 8 noiesas e dirixida por Jorge Gallardo. Trátase dunha peza cómica, enmarcada nas actividades do 8 de Marzo organizadas polo CIM e a Concellería de Servizos Sociais. A entrada tamén será libre ata completar o aforo.




