O CIM do Concello de Outes organiza un Campamento de Pascua para permitir a conciliación en Semana Santa

20 Marzo 2023

O Concello de Outes vai organizar nas vindeiras vacacións de Semana Santa unha actividade para facilitar a conciliación laboral e familiar das familias. Trátase do Campamento Tempo de Pascua 2023, para nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 (escolarizados) e os 12 anos. Quen precise máis información sobre esta iniciativa pode consultala na web do Concello.

Trátase dunha iniciativa do Centro de Información á Muller (CIM) de Outes.

Este campamento, enmarcado no programa Outes Concilia, levarase a cabo os días 3, 4, 5 e 10 de abril, en horario de 8:00 a 16:00 h, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes.

Segundo explica o CIM, as familias poderán “facer uso do servizo en función das súas necesidades, permitíndose as entradas e as saídas flexíbeis”. As nenas e nenos terán opción de almorzar e xantar no servizo, sendo as familias as encargadas de aportar os alimentos en termos e neveiras. As prazas serán limitadas. O prezo público establecido na ordenanza reguladora corresponde e ascende a 15 € o total do campamento.

Outros artigos

O BNG presenta en Noia as súas candidaturas municipais para 2027

O BNG da comarca da ría de Muros e Noia dará este domingo, 20 de setembro, o primeiro paso dun novo curso político coa mirada posta nas eleccións municipais de 2027, coa presentación das persoas que encabezarán as candidaturas nacionalistas nos concellos de Lousame,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.