O céspede do Campo de Fútbol de Outes será renovado e ampliado grazas a un convenio coa Deputación

17 Marzo 2023

O pleno da corporación municipal de Outes aprobou, nunha sesión de urxencia celebrada este venres 17 de Marzo, o inicio do expediente para a sinatura dun convenio coa Deputación da Coruña destinado á ampliación e renovación do cespede artificial do campo de futbol de Outes. Segundo indicou o alcalde, Manuel González, trátase dun convenio no que o goberno local leva meses traballando, logo de constatar a necesidade urxente de renovar o cespede artificial do campo municipal do Conchido, na Serra de Outes. A actuación que se pretende desenvolver non implica unicamente a renovación do cespede artificial, senón tamén a ampliación das dimensións do propio campo de futbol, para cumplir así cos estándares regulamentarios. O custe total do proxecto ascende a 276.000 €, dos cales á Deputación achegará 140.000 € mentres que o concello se compromete a achegar o resto do importe que, segundo anunciaron dende o goberno local, procederá ben de fondos propios ou ben de axudas doutras administracións. González amosou a súa satisfacción e agradecemento polo compromiso adquirido pola Deputación da Coruña, e polo seu presidente, para cofinanciar esta obra. Do mesmo xeito o alcalde indicou que se rubrica o compromiso do actual goberno co fútbol de base e co Outes Fútbol Club, compromiso iniciado xa en 2019 coa substitución da cuberta do graderío, seguido coa construción dun almacén e coa próxima mellora do alumeado do campo de fútbol.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.