
O alumnado da especialidade de confección e montaxe de redes e aparellos do obradoiro de emprego Tahume VIII está a inmerso nestes momentos nunha das accions que forman parte do seu programa formativo, como é a elaboración de mallas de porterías. Estas irán destinadas a renovar algúns destes elementos en campos municipais dos concellos de Porto do Son e Ribeira.
Cómpre lembrar tamén que con motivo do 8-M estiveron elaborando uns agasallos destinados ás máis de 60 cociñeiras homenaxedas no salón plenario ribeirense e para a chef Lucía Freitas, que tomou parte
no acto como profesional convidada.



