O 16 de abril celébrase a Andaina Porto do Son 25KM + 15KM

Esta primavera vaise celebrar na nosa comarca unha proba deportiva de gran interese ambiental, paisaxístico e mesmo turístico: a Andaina Porto do Son 25KM + 15KM.

Segundo informou a organización (o Club Trabandainas), o evento xa ten abertas as inscricións. Trátase dunha proba puntuábel para a I Liga Xunta de Galicia de Sendeirismo da Federación Galega de Montañismo e para a Liga Ibérica de Senderismo (FEDME – Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada).

Podemos atopar máis información (sobre os detalles da proba, sobre as inscricións) na web de Trabandainas.

A andaina celebrarase o 16 de abril con saída do porto do Portosín.