“Nace APROMANSER, asociación do persoal de mantemento do SERGAS”. Antón Luaces

15 Marzo 2023

Case medio milleiro de traballadores integran o cadro de persoal de mantemento do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) que veñen de se constituir como asociación se ánimo de lucro: APROMANSER, que reivindica a súa re-clasificación, cuestión motivo de debates ao longo dos últimos meses en xuntanzas, deliberacións e asesoramento letrado.

Segundo consta non seus estatutos, defenden e representan aos seus asociados, así como promoven intereses económicos, sociais e laborais dos diferentes oficios que representan.

“Pasaron xa demasiados anos en esa interlocución tan necesaria ante a Administración . Producíuse un verdadeiro incrementro das funcións asignadas ao posto de traballo, asumindo todos e cada un de nós novas tarefas e rfeseponmsabilidades debido aos cambios normativos e as adaptacións tecnolóxicas necesarias”, afirma Emilio Pérez Novo, integrante da asociación.

Agora, e tamén da man dos sindicatos maioritarios que os representan, queren que os teñan en conta, que os escoiten e poidan  participar nas mesas de negociación.

Pretenden qwue se cumpra a normativa que obriga a levar a cabo as re-clasificacións profesionais dos traballadores ao servizo das administracións públicas (Resolución do 14 de novembro de 2022, da Secretaría de Estado da Función Pública , o acordo marco paras unha Administración do século XXI) polo que se deben recoñecer as súas funcións actuáis, así como os coñecementos, titulacións e certificados profesionais necesarios para desenvolvelos.

“É inadmisible que sigamos a rexernos por un Estatuto de Persoal non Sanitario das Institucións Sanitarias da Seguridade Social aprobado por Orde do 3 de xullo de 1971”, salienta Emilio Pérez Novo.

Unha disposición transitoria do Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos Servizos de Saúde estabelece que se manterán vixiantes, en tantlo se procede á súa regulación en cada Servizo de Saúde, as disposición relativas a categorías profesionais e ás funcións das mesmas. Por este motivo solicitan unha negociación que aborde a “situación inxusta” que soportan, así como as funcións das diferentes categorías xa qwje as desenvolvidas nada teñen que ver co nivel do título esixido para o seu desempeño, debendo este adaptarse “ás función realmente desempeñadas”.

Os traballadores do servizo de mantemento do SERGAS denuncian a existencia de incumprimentos flagrantes mesmo dos estatutos de 1971 n ol ámbito galego, e poñen como exemplo a ionexistencia de m,antgememto nol hospital Novo Cunqueiro; a privatización deste servizo no hospital Materno-Infantil desde hai 8 anos, cunha persoa para tres hospitais nos que antes había 19 traballadores. E tamén en Ferrol se privatizan distintos servizos,. Cuestiósn estas que evidencian unha situación moi por baixo da media europea.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...