Moisés Domínguez, candidato do Partido Galego á alcaldía de Ribeira

10 Marzo 2023


Na reunión celebrada polo Partido Galego o día 4 de marzo as 20:00 no Ateneo Valle-Inclán do Bar Plaza de Ribeira, elixiuse a Moisés Domínguez como cabeza de lista e a Óscar Casais como segundo de abordo de cara as próximas eleccións municipais convocadas para o 28 de maio. Amais, acordouse planificar a orde dos demais membros da lista electoral e programar as próximas actividades preelectorais do partido a nivel galego e municipal.

Moisés Domínguez ten 26 anos e é veciño da parroquia ribeirense de Oleiros. De estado civil solteiro é graduado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela, e conta cun Ciclo Superior en Administración e Finanzas.

Moisés foi representante do alumnado no Claustro da Universidade de Santiago de Compostela e na Xunta da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Ademais está fortemente implicado na vida veciñal de Ribeira sendo o administrador tesoureiro da Comisión de Festas de Oleiros durante 8 anos.

Este sábado 11 de marzo o PG terá no Hotel Santiago a súa Convención Electoral Municipal na que se reunirán todas as agrupacións do partido a nivel galego e serán presentados os diversos alcaldábeis dos distintos concellos nos que existan candidaturas formadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.