Mércores con chuvascos a partir do mediodía

28 Marzo 2023

O mércores a retirada do anticiclón permitirá a chegada dunha fronte ás últimas horas do día. Agárdase así que tras unha mañá de ceos con algunhas nubes altas, co avance da tarde aumenten as nubes de tipo baixo e cheguen as chuvias ó extremo oeste, afectando de xeito feble a toda a Comunidade pola noite. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará do suroeste, moderado, con intervalos fortes no litoral da Coruña, na Mariña e zonas altas.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 5 a 6 á mañá e á tarde e 3 a 5 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e 2.5 a 3.5 metros á tarde e á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar04:241.5 m
Preamar10:442.6 m
Baixamar16:441.7 m
Preamar23:262.7 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar04:161.6 m
Preamar10:362.5 m
Baixamar16:321.7 m
Preamar23:132.7 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar04:221.5 m
Preamar10:422.5 m
Baixamar16:411.7 m
Preamar23:222.7 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Domingo 6, sol e suba das temperaturas

Durante o domingo, Corpous Christi, Galicia quedará baixo a influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse néboas matinais no interior e ceos moi abertos no resto con nubes de tipo alto. Na Mariña teremos nubes de estancamento. As temperaturas mínimas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...