Licitadas por máis de 1,8 M€ as actuacións de mellora de 63 paradas de autobús nos concellos de Dodro, Padrón, Rois, Santiago, Teo e Vedra

31 Marzo 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou hoxe por 1.864.257 euros as actuación de mellora da accesibilidade e conectividade de 63 paradas de autobús situadas nas estradas autonómicas dos concellos de Dodro, Padrón, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vedra.

Trátase de actuar no ámbito das rutas de acceso á cidade de Santiago polo sur, nun total de oito estradas autonómicas (AC-241, AC-242, AC-301, AC-307, AC-453, AC-543, AC-841 e AC-960). As intervencións suporán un investimento autonómico de máis de 1,9 M€, tendo en conta o pagamento dos 52 predios necesarios para levar a cabo as intervencións. A superficie de expropiación definitiva é de 2.183,71 m2.

A Plataforma de Contratos Públicos da Xunta recolle hoxe o inicio da contratación desta actuación, á que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 27 de abril, co obxectivo de poder comezar os traballos no outono.

Máis en detalle, baixo o contrato licitado hoxe melloraranse 2 paradas en Dodro; 2 en Padrón; 7 en Rois; 8 en Santiago; 34 en Teo; e 10 en Vedra.

As intervencións previstas suporán o acondicionamento dos carrís para a parada do autobús, a mellora da accesibilidade e a pavimentación da contorna coa execución de sendas ou beirarrúas. Tamén se prevé a instalación de novas marquesiñas, ademais de actuacións complementarias de drenaxe, condución de servizos ou colocación de varandas para protexer aos usuarios aí onde poida haber desniveis.

No marco destas intervencións, en primeiro lugar, priorízase a localización óptima destas infraestruturas, en tramos rectilíneos e con visibilidade, en treitos nos que a pendente da estrada é menor, próximas aos itinerarios accesibles e en zonas iluminadas.

Os traballos que se acometerán nas paradas consistirán en melloras do equipamento, como a dotación de marquesiñas, postes, bancos ou apoio isquiático.

Tamén se levará a cabo a mellora da accesibilidade para peóns, en xeral, e para persoas con mobilidade reducida, a través de medidas como a conexión das paradas cos itinerarios peonís, a execución de ramplas de acceso, información en braille ou pavimento podotáctil.

As obras incluirán medidas de seguridade, procedendo á eliminación de vexetación, á mellora da visibilidade e da iluminación ou á ampliación do espazo arredor das paradas.

Ademais, as intervencións obxecto deste contrato prevén o reforzo da información e da sinalización, colocando planos de situación e percorridos ou sinais indicativos das paradas.

Como resultado da información pública, no proxecto definitivo adoptáronse varios cambios co obxectivo prioritario de mellorar a funcionalidade e diminuír a afección, en especial, a accesos e a prazas de aparcadoiro.

Así, modificouse o deseño nun total de 7 paradas para adaptalas mellor á contorna. En concreto, estas modificacións inclúen variacións nunha parada en Urdilde; outra en Pontevea; nas de Cacheiras-Gardería e Cacheiras; nunha parada en Fontenla Campos; noutra no cruce de Sarandón; e na que se corresponde con Trobe 2.

Ademais, elimináronse do proxecto tres paradas: unha en Pontevea, outra en Samil e a terceira en Rois, dado que para súa mellora resultaba necesaria unha excesiva afección.

Estes proxectos forman parte do Plan de mellora da seguridade e accesibilidade das paradas de autobús nas estradas autonómicas, co que a Xunta ten previsto investir arredor de 35 M€ para a mellora de 1.100 paradas en toda Galicia.

Os proxectos están financiados ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia da Unión Europea–Next Generation EU e enmárcase no Plan de infraestruturas da Xunta para unha mobilidade segura, verde e intelixente.

Outros artigos

Inaugurada na Pobra unha exposición pictórica de Ricardo Leal

Unha trintena de cadros integran a nova exposición que loce na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler. Unha afección pola arte que Ricardo Real foi cultivando ao longo dos anos e que se materializou xa en mostras previas na Pobra do Caramiñal, así como en localidades...

+

Accidente con catro coches en Padrón

GES Padrón Na tarde deste venres, case ás 18:00 horas, produciuse outro accidente con catro turismos implicados, no quilómetro 75 da N-550. Segundo lle comentou o alertador ao 112 Galicia, había unha muller que precisaba asistencia sanitaria. Con isto, os xestores do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Carta a los visitantes” – Manuel Domínguez

“Carta a los visitantes” – Manuel Domínguez

Carta a los visitantes, viajeros, casi residentes, propietarios, que han decido pasar el verano o las fiestas en esta nuestra Barbanza. No me parece a mí adecuado llamaros turistas, pues quien viene un año, regresa al siguiente y el embrujo, el enamoramiento de estas...