INECO-Rural TIC achega en Porto do Son formación dixital social e económica

28 Marzo 2023

O programa estatal de dixitalización INECO-Rural TIC ten presenza en Porto do Son, a través da actividade colaborativa desenvolvida pola empresa INECO, dependente do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, e máis o Concello. O programa, do que se están a beneficiar nove concellos galegos de menos de 10.000 habitantes, abéirase ao compromiso do Goberno de España coa cohesión territorial e coa igualdade de oportunidades do conxunto da poboación, “con independencia de onde resida”.

Segundo confirman dende o Concello, INECO-Rural TIC é unha ferramenta ao servizo da cidadanía que vive en pequenos concellos e que ten como obxectivo “utilizar a potencialidade que aportan as novas tecnoloxías para contribuír a facer visíbel e a dinamizar o medio rural, impulsando a súa dixitalización social (fomentando e apoiando o uso das novas tecnoloxías, con especial incidencia na poboación de maior idade) e a súa dixitalización económica (asesorando ao tecido empresarial a través da potenciación do seu posicionamento dixital)”.

As actividades xa realizadas en Porto do Son centráronse nos seguintes puntos:

-Obradoiros de dixitalización económica.

-Obradoiros de privacidade e seguridade na Rede.

-Obradoiros de banca dixital e compras en liña.

-Obradoiros de trámites administrativos (autenticación, sinatura dixital, etc).

-Asesoramento a empresas (sonoteucomercio.gal e calquera outra interesada) en temas de comercio online, visualización en buscadores, redes sociais, seguridade informática, etc.

Á fronte das actividades propostas e do asesoramento a empresas estivo Borja Soto Alvire, técnico de INECO e especialista ciberseguridade.

Máis concellos

En Galicia son nove os concellos beneficiados por este programa de INECO, nos que residen máis de 24.000 persoas en conxunto. Na provincia da Coruña, as entidades locais seleccionadas son Cerdido, Porto do Son e Vimianzo; na provincia de Lugo, o concello de Trabada, e na provincia de Ourense, os concellos de Carballeda de Avia, Cortegada, A Gudiña, Parada de Sil e A Pobra de Trives. En total, seleccionáronse 50 concellos no conxunto de España para esta iniciativa das comunidades de Andalucía, Asturias, Aragón, Castela León, Castela A Mancha e Galicia.

Esta aposta pioneira levará a estes concellos a persoal do INECO, que, segundo lembrou recentemente o Goberno, adica unha parte da súa xornada laboral a prestar os labores de asesoramento e formación do programa.

“A fórmula deseñada pola compañía permitirá aos profesionais que formen parte da iniciativa desprazarse temporalmente a estas pequenas poboacións para compaxinar o teletraballo coa realización de talleres formativos en dixitalización social e económica”, sinalou o ex-delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, engadindo que “a través deste formato de colaboración, os participantes de INECO dedicarán ata un 20% da súa xornada laboral a estas accións, mentres que os concellos achegarán as estadías durante os días laborais do período de desenvolvemento do programa”. Cada estadía terá unha duración inicial de dúas semanas, prorrogábeis outras dúas.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...